"Song 2" é unha canción da banda inglesa de rock alternativoBlur, editada como sinxelo do seu quinto álbum, Blur, o 7 de abril de 1997. "Song 2" acadou o número 2 da lista británica de sinxelos[1], o número 4 na lista australiana ARIA[2], e o 6 na estadounidense Billboard Modern Rock Tracks.
No MTV Video Music Awards de 1997, "Song 2" foi nomeada ao premio ao Mellor video de grupo e Mellor video alternativo. Nos premios Brit de 1998 foi nomeada ao Mellor sinxelo británio e mellor video británico. En decembro de 1998 os oíntes da BBC Radio 1 votaron "Song 2" como a 15ª mellor canción de todos os tempos. En outubro do 2011 a revista NME colocouna no número 79 da súa lista das 150 mellores cancións dos últimos 15 anos.