Saltar ao contido

Modern Life Is Rubbish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modern Life Is Rubbish
Blur Editar o valor en Wikidata
 Título
Modern Life Is Rubbish Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
 Lista de cancións
Autoría
 Interpretado por
Publicación
 Produtor/a
 Selo discográfico
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
10 de maio de 1993 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración3.537 s Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/01hhlxl Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Spotify: 4filJ9pPVmAczwssCkpePe Apple Music: 726407617 Discogs: 92102 Allmusic: mw0000104918 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Modern Life Is Rubbish é o segundo álbum da banda inglesa de rock alternativo Blur, editado o 10 de maio de 1993 polo selo Food Records. Aínda que o seu álbum de estrea, Leisure (1991), tivo éxito comercial, Blur enfrontouse a unha forte reacción mediática pouco despois do seu lanzamento e perdeu o favor do público. Despois de que o grupo regresase dunha xira infrutuosa polos Estados Unidos, a mala acollida das actuacións en directo e a crecente popularidade da banda rival Suede diminuíron aínda máis o status de Blur no Reino Unido.

Baixo a ameaza de ser despedidos por Food Records, para o seu seguinte álbum Blur someteuse a unha renovación da imaxe promovida polo líder Damon Albarn. A banda incorporou influencias de grupos tradicionais de pop de guitarra británicos como os Kinks e os Small Faces, e o son resultante foi melódico e exuberantemente producido, con metais, vento madeira e coristas. As letras de Albarn en Modern Life Is Rubbish usan "un humor conmovedor e a caracterización de Ray Davies para investigar os soños, as tradicións e os prexuízos da Inglaterra suburbana", segundo o escritor David Cavanagh.[1]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Damon Albarn, toda a música composta por Damon Albarn, Graham Coxon, Alex James e Dave Rowntree.

N.º Título Duración
1. "For Tomorrow"   4:21
2. "Advert"   3:45
3. "Colin Zeal"   3:16
4. "Pressure on Julian"   3:31
5. "Star Shaped"   3:26
6. "Blue Jeans"   3:54
7. "Chemical World" (inclue "Intermission") 6:33
8. "Sunday Sunday"   2:38
9. "Oily Water"   5:01
10. "Miss America"   5:35
11. "Villa Rosie"   3:54
12. "Coping"   3:24
13. "Turn It Up"   3:22
14. "Resigned" (inclue "Commercial Break") 6:12
58:52
  1. Cavanagh, David. "A hard day's night". Mojo. Novembro de 2000