The Ballad of Darren
| The Ballad of Darren | |
|---|---|
| Blur | |
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Parte de
| |
|
Forma artística
| |
|
Xénero
| |
|
Lingua
| |
| Autoría | |
|
Interpretado por
| |
| Publicación | |
|
Data de publicación
| |
|
Lugar de publicación
| |
|
Produtor/a
| |
|
Selo discográfico
| |
|
Formato de distribución
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Precedido por
| |
| Dimensións | |
|
Número de partes
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata |
The Ballad of Darren é o noveno álbum de estudio da banda inglesa de rock Blur, publicado o 21 de xullo de 2023 a través dos selos Parlophone e Warner Records. Os temas do disco foron escritos polo líder Damon Albarn en 2022 mentres estaba de xira con Gorillaz, e posteriormente compostos por Albarn e o resto da banda. Foi producido por James Ford no Studio 13 en Londres e Devon. É o primeiro álbum de Blur dende The Magic Whip (2015), e tamén é o seu álbum máis curto, cunha duración por debaixo dos 40 minutos. A portada é unha fotografía de 2004 dun home nadando só na Gourock Outdoor Pool en Gourock, Escocia, tomada por Martin Parr. O seu título refírese a Darren "Smoggy" Evans, o gardacostas da banda dende hai moito tempo.[1]
The Ballad of Darren publicouse con recensións positivas. Converteuse no sétimo álbum consecutivo da banda en chegar ao número un no Reino Unido.[2] Tamén foi número un nas listas de Bélxica, Irlanda, Escocia e Suíza, e foi o primeiro disco da banda en entrar no Top 10 da lista estadounidense Top Album Sales, chegando ao número 8. O álbum foi promocionado polos sinxelos "The Narcissist", "St. Charles Square" e "Barbaric", así como por unha xira mundial.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Damon Albarn, Graham Coxon, Alex James e Dave Rowntree..
| N.º | Título | Duración | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | "The Ballad" | 3:37 | |||||||
| 2. | "St. Charles Square" | 3:55 | |||||||
| 3. | "Barbaric" | 4:09 | |||||||
| 4. | "Russian Strings" | 3:38 | |||||||
| 5. | "The Everglades (For Leonard)" | 2:56 | |||||||
| 6. | "The Narcissist" | 4:05 | |||||||
| 7. | "Goodbye Albert" | 4:17 | |||||||
| 8. | "Far Away Island" | 2:58 | |||||||
| 9. | "Avalon" | 3:05 | |||||||
| 10. | "The Heights" | 3:24 | |||||||
| 36:04 | |||||||||
| Temas extra do CD de luxo | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 11. | "The Rabbi" | 2:44 | |||||||
| 12. | "The Swan" | 3:42 | |||||||
| Tema extra no Xapón[3] | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 13. | "Sticks and Stones" | 3:24 | |||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Empire, Kitty (2023-07-22). "Blur: The Ballad of Darren review – mature melancholia spiked with adventure". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-03-09.
- ↑ "Blur". officialcharts.com. Consultado o 9 de marzo de 2024.
- ↑ "Warner Music Japan – Blur / ブラー「The Ballad of Darren / ザ・バラード・オブ・ダーレン」" (en xaponés). Consultado o 9 de marzo de 2024.