Saltar ao contido

Music Is My Radar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Music Is My Radar
Blur Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
16 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/09hxyk Editar o valor en Wikidata
Discogs: 139440 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Music Is My Radar" é unha canción da banda inglesa Blur. Publicouse como sinxelo o 16 de outubro de 2000 para promover o recompilatorio de grandes éxitos Blur: The Best Of, sendo a única canción inédita do disco. O tema acadou o número 10 da lista británica de sinxelos.[1] Unha versión alternativa chamada "Squeezebox" apareceu en 2012 nun dos CDs de rarezas da caixa Blur 21, editada para celebrar o 21 aniversario do seu álbum de estrea, Leisure.

O músico nixeriano Tony Allen, que é mencionado repetidamente na letra, posteriormente colaborou co líder do grupo Damon Albarn como batería no supergrupo The Good, the Bad & the Queen e aparece tras a súa morte con Albarn na canción de Gorillaz de 2020 "How Far?".

Recepción

[editar | editar a fonte]

O crítico de Pitchfork Richard M. Juzwiak describiu a canción como "verdadeiramente unha das mellores [de Blur]", engadindo: "é minimalista, marabillosa, e combina perfectamente o pop brillante do vello Blur co ruidoso novo Blur".[2] Daniel Durchholz de Wall of Sound dixo que era "vital", mentres que un menos entusiasta Stephen Thomas Erlewine dixo que era "boa, pero non xenial".[3]

En cambio, Graham Reed de Drowned in Sound afirmou que a canción era un "fallo creativo" que está "desprovisto de tono ou melodía".[4]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  • CD1
  1. "Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21
  2. "Black Book" – 8:30
  3. "Headist" / "Into Another" (live) – 3:45
  • CD2
  1. "Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21
  2. "7 Days" (live) – 3:28
  3. "She's So High" (live) – 4:45
  • Casete
  1. "Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21
  2. "Black Book" – 8:30
  3. "She's So High" (live) – 4:45
  • Vinilo de 12"
  1. "Music Is My Radar" (album version) – 5:29
  2. "Black Book" – 8:30
  • CD en Xapón e Europa
  1. "Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21
  2. "Black Book" – 8:30
  3. "7 Days" (live) – 3:28
  4. "She's So High" (live) – 4:45
  • "Headist" / "Into Another" e "7 Days" graváronse para o programa Evening Session de Radio One'. Emitiuse por vez primeira o 5 de maio de 1992.
  • "She's So High" gravouse para o Mark Goodier Show de Radio One. Emitiuse por vez primeira o 24 de xuño de 1990.
  1. ↑ "Blur - full Official Chart History". www.officialcharts.com. Consultado o 2021-12-13.
  2. ↑ "Blur: The Best of Blur". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-12-13.
  3. ↑ "The Best of Blur - Blur". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-12-13.
  4. ↑ "Drowned in Sound - Reviews - Albums - Blur - Best Of + Live CD". web.archive.org. 2007-11-01. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2007. Consultado o 2021-12-13.