Saltar ao contido

Vide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Videira»)
Vide
Vitis vinifera
Carl von Linné 1759 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
V. vinifera Editar o valor en Wikidata
Características
 Rusticidade da planta
6 Editar o valor en Wikidata
Conservación
 Identificador UICN
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
DivisiónMagnoliophyta
ClaseMagnoliopsida
OrdeVitales
FamiliaVitaceae
XéneroVitis
EspecieV. vinifera
SubespecieV. v. vinifera
Identificadores
Freebase/m/025df4 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2992143071 Editar o valor en Wikidata
UNII22E66I250J Editar o valor en Wikidata
ITIS28629 Editar o valor en Wikidata
OTT756728 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons
Folla

A vide ou videira (Vitis vinifera) é unha planta rubideira, a máis coñecida do xénero Vitis, da familia das vitáceas, con tronco retorto, vástagos nodosos e flexibles, follas alternas, pecioladas, grandes e partidas en cinco lóbulos puntiagudos, flores verdosas en acios, e cuxo froito é a uva. Orixinaria de Asia, cultívase en todas as rexións temperadas. Ao conxunto de vides cultivadas nun campo denomínaselles viñedo.

A vide produce as uvas, froito co mollo do cal se fai o viño. Pola contra as vides salvaxes ou silvestres, non cultivadas, posúen unhas follas máis ásperas, e as uvas son pequenas e de sabor agre.

O cultivo da vide para a produción do viño é unha das actividades máis antigas da civilización, probablemente contemporánea ao comezo desta. Existe evidencia de que os primeiros cultivadores de viñas e produtores de viño, atopábanse na rexión de Exipto e Asia Menor, durante o neolítico. Ao mesmo tempo que os primeiros asentamentos humanos permanentes empezaron a dominar a arte do cultivo e a cativa de gando, así como o da produción de cerámica.

Plantación

[editar | editar a fonte]
Cepa de viña.

Antigamente os viñedos plantábanse nos peores terreos e esparexidos por estes sen ningún tipo de orde, aproveitándose moi ben o espazo con máis de 4000 cepas por hectárea. Tiñan o inconveniente de requiriren moita man de obra para realizar os coidados e recollida da uva, polo que nas novas plantacións se empezaron a aliñar as cepas, deixando maior espazo entre elas, co obxectivo de poder usar animais para realizaren algúns labores. Coa chegada da maquinaria agrícola os corredores entre as diferentes fileiras tivo que empezar a ser maior, reducindo o número de plantas, pero gañando en comodidade. Os sistemas de emparrado fan máis regular a maduración e permiten ata mecanizar a vendima.

Enfermidades

[editar | editar a fonte]

Algunhas das principais enfermidades que sofren son o mildio, o oídio, e a filoxera.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]