Sloshsat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sloshsat-FLEVO»)
Sloshsat / Sloshsat-FLEVO
TipoTecnolóxico
OrganizaciónNLR, ESA
Contratistas principaisNLR
Data de lanzamento12 de febreiro de 2005, 21:03 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAriane 5 ECA[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou, ELA 3[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do comportamento dos líquidos en órbita.[2][6]
NSSDC ID2005-005C
Masa127 kg[2][5][6]
Datos orbitais
Semieixo maior23.001 km[1]
Inclinación6,9 graos[1]
Apoapse32.968,1 km[1]
Periapse293,7 km[1]

Sloshsat, tamén denominado Sloshsat-FLEVO (Sloshsat Facility for Liquid Experimentation and Verification in Orbit) foi un satélite artificial da Laboratorio Aeroespacial Neerlandés (NLR) e da Axencia Espacial Europea lanzado o 12 de febreiro de 2005 mediante un foguete Ariane 5 ECA desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa. Flevo é ademais o nome da última provincia neerlandesa gañada ao mar.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Sloshsat consistiu en estudar o comportamento dos líquidos en microgravedade. Para iso levaba a bordo 33,5 litros de auga desionizada e instrumentos e sensores para detectar os seus movementos en 270 posicións posibles, así como presións e temperaturas. O tanque que contiña a auga tiña forma de cilindro circular cos extremos hemisféricos e sen estrutura interna e un volume total de 87 litros.[2][3][4][5]

Sloshsat foi deseñado para viaxar a bordo dun transbordador espacial, pero despois do desastre do transbordador Columbia non houbo oportunidades para ser lanzado a bordo dun. O satélite foi modificado para poder ser lanzado a bordo para poder ser lanzado a bordo un Ariane 5 ECA.[5]

Os obxectivos da misión eran:[2][3][4][5]

  • Validar os modelos existentes sobre o comportamento de fluídos en órbita e identificar posibles necesidades de mellora.
  • Caracterizar a interacción dinámica entre o fluído en movemento e o satélite.
  • Mellorar a comprensión do movemento do líquido contra unha superficie libre en microgravedade.
  • Obter datos cos que poder deseñar mellores técnicas de control de líquidos en microgravedade.
  • Desenvolver e cualificar un bus para satélites pequenos e de baixo custo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SLOSHAT" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Sloshsat" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 9 May 2007 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF) (07-84980). 25 de xuño de 2007: 2. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Sloshsat-FLEVO" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Sloshsat-FLEVO" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "SLOSHSAT" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017.