Sloshsat
Sloshsat / Sloshsat-FLEVO | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | NLR, ESA |
Contratistas principais | NLR |
Data de lanzamento | 12 de febreiro de 2005, 21:03 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Ariane 5 ECA[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou, ELA 3[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do comportamento dos líquidos en órbita.[2][6] |
NSSDC ID | 2005-005C |
Masa | 127 kg[2][5][6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 23.001 km[1] |
Inclinación | 6,9 graos[1] |
Apoapse | 32.968,1 km[1] |
Periapse | 293,7 km[1] |
Sloshsat, tamén denominado Sloshsat-FLEVO (Sloshsat Facility for Liquid Experimentation and Verification in Orbit) foi un satélite artificial da Laboratorio Aeroespacial Neerlandés (NLR) e da Axencia Espacial Europea lanzado o 12 de febreiro de 2005 mediante un foguete Ariane 5 ECA desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa. Flevo é ademais o nome da última provincia neerlandesa gañada ao mar.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Sloshsat consistiu en estudar o comportamento dos líquidos en microgravedade. Para iso levaba a bordo 33,5 litros de auga desionizada e instrumentos e sensores para detectar os seus movementos en 270 posicións posibles, así como presións e temperaturas. O tanque que contiña a auga tiña forma de cilindro circular cos extremos hemisféricos e sen estrutura interna e un volume total de 87 litros.[2][3][4][5]
Sloshsat foi deseñado para viaxar a bordo dun transbordador espacial, pero despois do desastre do transbordador Columbia non houbo oportunidades para ser lanzado a bordo dun. O satélite foi modificado para poder ser lanzado a bordo para poder ser lanzado a bordo un Ariane 5 ECA.[5]
Os obxectivos da misión eran:[2][3][4][5]
- Validar os modelos existentes sobre o comportamento de fluídos en órbita e identificar posibles necesidades de mellora.
- Caracterizar a interacción dinámica entre o fluído en movemento e o satélite.
- Mellorar a comprensión do movemento do líquido contra unha superficie libre en microgravedade.
- Obter datos cos que poder deseñar mellores técnicas de control de líquidos en microgravedade.
- Desenvolver e cualificar un bus para satélites pequenos e de baixo custo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SLOSHAT" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Sloshsat" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 9 May 2007 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF) (07-84980). 25 de xuño de 2007: 2. Consultado o 10 de agosto de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Sloshsat-FLEVO" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Sloshsat-FLEVO" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "SLOSHSAT" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2017.