Saltar ao contido

Skol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skol
Logotipo
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
1959 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0415mhg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: 100064567757699 Twitter: Skol Instagram: skol Youtube: UCjW7h7bsu0agatkD_4SftIw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Publicidade de Skol no xornal El Correo Gallego, 1976.
Publicidade de Skol no Carnaval de Salvador de Baía.

Skol é unha marca de cervexa de propiedade da empresa dinamarquesa Carlsberg, antigamente comercializada en Galiza, mais que agora se comercializa exclusivamente no mercado brasileiro, onde é líder.

O nome procede do termo sueco skål, usado para brindar. Durante un tempo, a cervexa usou como imaxe de promoción o personaxe de cómic de Hägar the Horrible, creado por Dik Browne.

A cervexa Skol Pilsen foi presentada no mercado o 25 de agosto de 1964 en Europa. O nome correspóndese coa transcrición fónica de skål, palabra danesa que significa "á túa saúde" no contexto dos brindes. A súa historia estivo marcada polos adiantos técnicos e de deseño: en 1971 lanzou a primeira lata e en 1979 foi a primeira marca en fabricar as latas en aluminio. A marca desapareceu de Europa entre as décadas de 1980 e 1990.

Chegou a Brasil no ano 1967 e na actualidade é a cervexa máis vendida naquel país. É un dos maiores patrocinadores de eventos e mantén no mercado cervexas tipo pilsen, de barril e cervexa con limón, producidas todas elas pola firma AmBev. Como marca, Skol é a cuarta máis valiosa do Brasil.

En 1970 a cervexa Skol comezou a producirse na fábrica da Barxa, situada na rúa García Barbón de Vigo. Era propiedade da firma española Unión Cervecera, e foi pechada en 1989.[1]