Saltar ao contido

Sitta magna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sitta magna
 Nome taxon
    Sitta magna
 Nome curto
    S. magna (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie en perigo
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaSittidae
XéneroSitta
EspecieSitta magna Editar o valor en Wikidata
Ramsay, 1876 Sitta magna Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02w89gv Editar o valor en Wikidata
ITIS563025 Editar o valor en Wikidata
OTT3599053 Editar o valor en Wikidata
UICN22711228 Editar o valor en Wikidata
CoL4XTSM Editar o valor en Wikidata
EOL1051070 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Sitta magna é unha especie de aves da familia Sittidae propia de zonas de Asia oriental. É a especie de maior tamaño do seu xénero, de 19,5 cm de lonxitude,[1] e é predominantemente de cor gris agás uns lixeiros tons marróns avermellados nas partes ventrais da femia, cuxa lista ocular é máis clara que a do macho. O peteiro é moito máis voluminoso que o doutros Sitta.

Viven nas montañas do suroeste da China e norte de Tailandia, e crese que xa están extinguidos en Myanmar. O seu hábitat natural son os bosques de piñeiros de montaña tropicais ou subtropicais. No norte de Tailandia utilizan o Pinus kesiya para alimentarse e nidificar. Ambos os pais coidan as crías. Teñen xeralmente tres pitiños, que abandonan o niño pasados de 20 a 23 días da eclosión.[2]

Montaña Doi Ang Khang en Tailandia.

Conservación

[editar | editar a fonte]

Esta especie está gravemente ameazada pola deforestación dos seus hábitats montañosos do suroeste da China. Como adoita necesitar grandes árbores para utilizar os seus ocos para aniñar, é moi sensible á eliminación das grandes árbores, e a BirdLife International na súa publicación de 2013 clasificou esta especie como en perigo porque se cre que a actual poboación, antes estimada nuns 10 000 individuos, é de só 2 500 e segue descendendo.

  1. ↑ Harrap, Simon and Quinn, David; Tits, Nuthatches and Treecreepers (Helm Identification Guides); p. 169. ISBN 0713639644
  2. ↑ K. Charonthong & N. Sritasuwan (2009). "Behavior of the Giant Nuthatch (Sitta magna)". Research Journal of Biological Sciences 4 (11): 1142–1147.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.