Saltar ao contido

Darth Maul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darth Maul
Imaxe
 Papel
Obra
 Primeira aparición
 Universo ficticio
 Franquía
 Creador/a
 Actor de dobraxe
Biografía
 Lugar de nacemento
 Lugar de falecemento
 Circunstancias morte
 Sexo
 Linguas faladas
 Armamento
 Cor dos ollos
Actividade
 Alumno/a de
 Docente de
Familia
 Irmá/n
Localización
 Lugar de nacemento
Códigos e identificadores
Freebase/m/0g_qz Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Darth Maul é un personaxe ficticio da saga de ciencia ficción A guerra das galaxias. Aprendiz de Darth Sidious, é formado por este até chegar a ser un Lord Sith. Como arma nos combates porta un sabre de luz de dobre folla. É un personaxe antagónico no filme Star Wars Episode I: The Phantom Menace e na serie animada Star Wars: The Clone Wars, así como tamén en diversos libros, novelas e banda deseñada sobre a temática relacionada coa saga de Star Wars.[1][2]

Creación e representación

[editar | editar a fonte]
Cosplay de Darth Maul.

Deseño do personaxe

[editar | editar a fonte]

O deseño do personaxe correu a cargo do ilustrador e artista conceptual Iain McCaig en base ó comentario de George Lucas no cal Darth Maul debería ser un personaxe que reflectise o seu «peor pesadelo».[3] As características faciais estiveron inspiradas nunha mestura de cores e formas vistas nas pinturas faciais dalgunhas tribos africanas, caras esfoladas, patrón dos circuítos, a simetría bilateral e figuras vistas no test de Rorschach.[4] Aínda que nun principio estaba contemplado que o personaxe tivese plumas, o supervisor de efectos especiais Nick Dudman interpretounas como cornos.[5]

Representación

[editar | editar a fonte]

No filme do ano 1999 Star Wars Episode I: The Phantom Menace, o personaxe estivo representado polo experto en artes marciais Ray Park e a voz a cargo de Peter Serafinowicz.[6]

  1. "Darth Maul".
  2. "Designing a Sith Lord - CINECHEW". CINECHEW (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2016. Consultado o 13 de decembro de 2015.
  3. "Designing a Sith Lord - CINECHEW". CINECHEW (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2016. Consultado o 13 de decembro de 2015.
  4. "Designing a Sith Lord - CINECHEW". CINECHEW (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2016. Consultado o 13 de decembro de 2015.
  5. "Designing a Sith Lord - CINECHEW". CINECHEW (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2016. Consultado o 13 de decembro de 2015.
  6. "Star Wars: Episode I - The Phantom Menace (1999)".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]