Saltar ao contido

Sinesio de Cirene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSinesio de Cirene

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Συνέσιος ὁ Κυρηναῖος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento370 Editar o valor en Wikidata
Cirene, Libia Editar o valor en Wikidata
Morte413 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Cirene, Libia Editar o valor en Wikidata
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor, sacerdote Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHipatia Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Library of the World's Best Literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX958622 Musicbrainz: 9e5f0a80-0c4b-4099-a33e-236e768958f0 Editar o valor en Wikidata
Templo de Zeus en Cirene.

Sinesio de Cirene (370-413) foi un filósofo neoplatónico grego nado en Cirene, na actual Libia.

Os seus pais encargáronse de que tivese unha educación privilexiada, cun preceptor privado en casa e arredor do ano 390 foi a Alexandría, a capital cultural de Occidente no seu tempo, onde estudou con Hipatia (entre o ano 393 e o 395). Alí iniciouse en diversos saberes, incluíndo a filosofía neoplátónica e ciencias ocultas. Hypatia iniciou a Sinesio na filosofía, e concretamente no neoplatonismo; igualmente iniciou ó seu discípulo no misticismo de Jámblico e posiblemente nos oráculos caldeos.[1] Mais Sinesio tamén se dedicou á investigación ciéntifica[2], elaborando un planisferio celeste e un hidroscopio[3] para pesar líquidos. Realiza despois unha viaxe a Atenas, que o decepciona moito, chegando a dicir que os atenienses non se distinguen do resto na súa capacidade para entender a Platón e Aristóteles.

Eloxio da calvicie

[editar | editar a fonte]

Escrita arredor de 396, a obra máis coñecida hoxe de Sinesio é o seu Eloxio da calvicie (φαλακρας εγκώμιον ), no que seguindo os tradicionais Encomios de Helena, responde ao Eloxio da cabeleira de Dión Crisóstomo:

Se é certo que o home é entre todas as criaturas a máis divina, entre os homes que tiveron a fortuna de perder o cabelo, o individuo completamente calvo é o ser absolutamente máis divino sobre a terra

No ano 399 vai a Constantinopla a expor ao emperador Arcadio as queixas dos cidadáns da Cirenaica, que non poden facer fronte á presión fiscal. Nesa época escribe tamén os Contos exipcios e Da providencia. Casa en Alexandría no 404 cunha cristiá e retírase ao campo para dedicarse a escribir. No 405 nace o seu primeiro fillo.

O ano 410 ofrecéselle o bispado de Tolemaida, Sinesio medita ante o grande sacrificio e cambio de vida que suporía, e declara non estar disposto a defender cousas nas que non cre, como di en carta ao seu irmán (Carta 105):

O propio Deus, a lei e a bendita man de Teófilo déronme unha muller. Eu agora proclamo a todos e chámoos como testemuñas de que non me separarei dela nin me relacionarei con ela subrepticiamente como un adúltero; porque deses dous actos, un é impío e o outro ilegal.

e tamén:

Non, se son chamado ao sacerdocio, declaro ante Deus e ante o home que non predicarei dogmas nos que non acredito. A verdade é un atributo de Deus, e eu quero estar en todas as cousas sen culpa ante el

Finalmente, tras seis meses de dúbidas[4], aceptou o nomeamento, e foi consagrado por Teófilo en Alexandría.

O seu pensamento era fundamentalmente neoplátónico e estaba influído por Platón e Aristóteles[5].

Conservadas

[editar | editar a fonte]
  1. De regno (Sobre o reinado)Un discurso ante o emperador Arcadio.
  2. Dio, sive de suo ipsius instituto
  3. Encomium calvitii, un jeu d'esprit, escrito como reposta ao ""Eloxio da cabeleira de Dión Crisóstomo
  4. De providentia, tamén coñecido como O conto exipcio
  5. De insomniis, un tratado sobre os soños
  6. Constitutio
  7. Catastasis, unha descrición do fin da Cirenaica romana
  8. 159 Epistolae (cartas, incluíndo unha -a 57- que é realmente un discurso)[6]
  9. 10 Hymni
  10. 2 homilias
  11. Un ensaio sobre a construción dun astrolabio
  • Un libro sobre a cría de cans
  • Poemas mencionados nas súas cartas
  1. Martínez, José María Blázquez (2004). "Sinesio de Cirene, intelectual. La escuela de Hypatia en Alejandría". Gerión. Revista de Historia Antigua (en castelán) 22 (1): 403–419. ISSN 1988-3080. 
  2. José María BLÁZQUEZ MARTÍNEZ, Op. Cit. pax. 405
  3. Letter 15 To the Philosopher (Hypatia) I am in such evil fortune that I need a hydroscope. See that one is cast in brass for me and put together. The instrument in question is a cylindrical tube, which has the shape of a flute and is]] about the same size. It has notches in a perpendicular line, by means of which we are able to test the weight of the waters. A cone forms a lid at one of the extremities, closely fitted to the tube. The cone and the tube have one base only. This is called the baryllium. Whenever you place the tube in water, it remains erect. You can then count the notches at your ease, and in this way ascertain the weight of the water.
  4. Carta 96:I have been for over six months in this dreadful position, far from the men amongst whom I shall be a priest. I am waiting to learn exactly what the nature of this office is. If it is possible, I will perform the duties with philosophy, but if it cannot be reconciled with my school of thought and sect, what better could I do than sail straight for illustrious Greece? For if I refuse the priesthood, I can no longer dream of returning to my own city either, unless I am prepared to be the most dishonored and accursed of all men, living amidst a crowd of enemies.
  5. Sinesio menciona nas súas cartas nove veces a Plotino, tres a Porfirio, 126 a Platón e 20 a Aristóteles José María BLÁZQUEZ MARTÍNEZ, Op. Cit.
  6. "Edición en inglés". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2009. Consultado o 25 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sinesio Elogio della calvizie Biblioteca Ideale Tascabile, Milán, 1995 ISBN 88-8111-144-6 (Edición bilingüe grego-italiano)
  • C. Lacombrade: Synésios de Cyrène: hellène e chrétien. París 1951.
  • G. Nicol: Synesius of Cyrene, his life and writings, Cambridge 1881

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]