Saltar ao contido

Sinagoga Pinkas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinagoga Pinkas
PaísRepública Checa
LocalizaciónJosefov e Prague 1
Coordenadas50°05′21″N 14°25′01″L / 50.089263, 14.416951
Estiloarquitectura do Renacemento
editar datos en Wikidata ]
Sinagoga Pinkas.

A sinagoga Pinkas (en checo: Pinkasova synagoga) é a segunda sinagoga sobrevivente máis vella en Praga. As súas orixes son conectadas coa familia Horowitz, unha familia xudía de sona en Praga. Hoxe, a sinagoga é administrada polo Museo Xudeu de Praga e conmemora as 78 000 vítimas xudías checas do Shoah.

Unha escavación arqueolóxica demostrou que no século XV a área da actual sinagoga Pinkas tiña pozos, un mikveh e casas deshabitadas. En 1492, unha desas casas tiña un oratorio privado pertencente á distinguida familia xudía Horowitz de Praga. En 1535, un dos membros da familia, Aharon Meshulam Horowitz, decidiu substituír a casa por unha sinagoga para a súa familia. Neste edificio podemos atopar compoñentes dos estilos gótico e renacentistas. Entre 1607 e 1625 engadiuse un anexo de estilo renacentista e a sinagoga foi ampliada cun vestíbulo, unha zona de mulleres e un balcón. O deseño do anexo foi ideado por Juda Coref de Herz (o autor do plano da sinagoga Maisel).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]