Sinagoga Maisel
| Sinagoga Maisel | |
|---|---|
| Praga 1 e Josefov | |
|
Instancia de
| |
|
Epónimo
| |
|
Estilo
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Propietario/a
| |
|
Arquitecto/a
| |
|
Visitantes anuais
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Inauguración
| |
| Localización | |
|
Situado en
| |
|
Rúa
| |
|
País
| |
| Patrimonio cultural | |
| Monumento cultural da República Checa | |
| Identificador | 38869/1-453 |
| Fontes e ligazóns | |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata C:Commons | |

Sinagoga Maisel (en checo: Maiselova synagoga) é un dos monumentos históricos da Praga.[1] Foi construída a finais do século XVI, que está considerada como a idade de ouro do ghetto. Dende entón a súa aparencia mudou varias veces, e o seu estilo actual é neogótico. Hoxe en día a sinagoga pertence á Comunidade xudía de Praga e é administrado polo Museo Xudeu de Praga como parte das súas exposicións.
Características
[editar | editar a fonte]A sinagoga Maisel foi proxectada por Josef Wahl e Juda Goldsmied de Herz e construída entre os anos 1590 e 1592 co financiamento do daquela alcalde de Josefov, Mordecai Maisel, quen ademais financiou a extensa reconstrución do gueto en estilo renacentista.[1]
O edificio orixinal sufriu un incendio en 1689 e restaurouse en estilo barroco. Finalmente, foi anovada en estilo neogótico segundo o proxecto de A. Grotte entre 1893 e 1905.[2] Todo o que quedou da antiga disposición renacentista foron as tres naves da sala central coa galería para as mulleres no andar superior.[1]
No presente, a sinagoga Maisel emprégase como sala de exposición e depósito do Museo xudeu de Praga.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Prague. Portal oficial de turismo de Praga. "Museo judío en Praga - Sinagoga de Maisel (Maiselova synagoga)". Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ Disfruta Praga. "Sinagogas de Praga". Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ Morabito, Valerio (9 de setembro de 2014). "Il cimitero di Praga e lo spirito del Golem" (en italiano). Taormina Today. Consultado o 10 de marzo de 2016.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinagoga Maisel |
