Ploceus cucullatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ploceus cucullatus
Macho dunha poboación do sur
Macho dunha poboación do sur

Femia na illa da Reunión.
Femia na illa da Reunión.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Passeroidea
Familia: Ploceidae
Xénero: Ploceus
Especie: P. cucullatus
Nome binomial
Ploceus cucullatus
(Müller, 1766)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Ploceus cucullatus é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das numerosas pertencentes ao xénero Ploceus, propia da África subsahariana.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1766 polo zoólogo alemán Philipp Ludwig Statius Müller, máis coñecido como Statius Müller, na páxina 87 da súa obra Natursystem Supplement (suplemento ao Systema Naturae linneano, co nome de Oriolus cucullatus.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Ploceus.

O epíteto específico, cucullatus, e o nominativo singular do adxectivo do latín científico cucullatus, -a, -um, derivado do latín clásico cucullus, -i, 'capucha'. Literalmente: 'o que ten capucha', ou 'o encapuchado'.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais do nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:

  • Oriolus cucullatus (protónimo)
  • Hyphantornis cucullatus
  • Textor cucullatus
  • Oriolus textor

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense na especie, as dez subespecies seguintes:[3]

  • Ploceus cucullatus abyssinicus (Gmelin, 1789)
  • Ploceus cucullatus bohndorffi Reichenow, 1887
  • Ploceus cucullatus collaris Vieillot, 1819
  • Ploceus cucullatus cucullatus (Statius Muller, 1776)
  • Ploceus cucullatus dilutescens Clancey, 1956
  • Ploceus cucullatus frobenii Reichenow, 1923
  • Ploceus cucullatus graueri Hartert, 1911
  • Ploceus cucullatus nigriceps (E. L. Layard, 1867)
  • Ploceus cucullatus paroptus Clancey, 1959
  • Ploceus cucullatus spilonotus Vigors, 1831

Características[editar | editar a fonte]

Ploceus cucullatus é un paxaro repoludo que mide entre os 15 e os 17 cm de lonxitude, cun pico robusto, cónico, e os ollos de cor vermalla escura. No norte da sú área de distribución os machos reprodutores teñen a cabeza negra rodeada por bordos castaños (xeralmente máis visíbeis na caluga e na peituga). A medida que se avanza cata ao sur na súa área de distribución, a extensión do negro da cabeza e a anchura do bordo castaño diminúen, de forma que nos machos reprodutores do sur só teñen negro o rostro e a garganta, sendo o seu píleo e a súa caluga de cor amarela. En todas as subespecies a plumaxe das súas partes inferiores é de cor amarela intensa, e a das superiores negra listada en amarelo, e o seu pico é negro.

O macho, fóra da época reprodutiva, ten a cabeza amarela co píleo oliváceo, as costas grises e as partes inferiores abrancazadas. As ás teñen as plumas negras cos bordos amarelos.

As femias adultas teñen as partes superiores verdosas con vetas escuras, as ás negras con listas amarelas e as partes inferiores de cor amariela clara. Os inmaturos parécense ás femias, pero teñen as costas máis apardazadas.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A especie esténdese por toda a África subsahariana, exceptuando as zonas máis áridas do sur do continente, e do norte do Corno de África.

É una ave abundante, que se encontra en gran variedade de hábitats abertos e semiabertos, incluídos os campos de cultivo e as poboacións humanas, onde con frecuencia forma ruidosas colonias.

Pode encontrarse en Benin, Botsuana, Burkina Faso, Burundi, Camerún, Chad, Costa do Marfil, Eritrea, Etiopía, Gabón, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Kenya, Lesotho, Liberia, Malaui, Malí, Mauritania, Mozambique, Namibia, Níxer, Nixeria, República Centroafricana, República do Congo, República Democrática do Congo, Ruanda, San Tomé e Príncipe, Senegal, Serra Leoa, Somalia, Sudán do Sur, Suazilandia, Suráfrica, Tanzania, Togo, Uganda, Zambia e Zimbabue.[1]

También foi introducida no Caribe, na Española (Haití e República Dominicana) e na Martinica, no Índico, nas illas Mascareñas (Mauricio e Reunión) e, en Europa, en Portugal.[1]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Ploceus cucullatus aliméntanse principalmente de sementes, que apañan cos seus robustos picos cónicos, e complementan a súa dieta con insectos, especialmente na época de cría. A súa preferencia polos grans fai que se considere unha praga para a agricultura.[4]

Macho construíndo o niño.

A construción dos niños, como en todas especies de ploceidos, está a cargo dos machos, e o utilizan como unha forma de exhibición para seduciren ás femias. Os materiais usados para a súa construción son fibras finas de herba entretecida. Os de Ploceus cucullatus son grandes, os penduran no extremo dunha póla, e teñen unha entrada estreita, que se dirixe cara a abaixo.[4]

Como todas es especies de ploceidos son paxaros gregarios que a miúdo crían en colonias, de forma que moitos niños colgan da mesma árbore. Constrúen os seus niños xuntos, moitas veces varios nunha rama. As colonias poden encontrarse cerca de corpos de auga.[4]

As femias adoitan poñer 2 ou 3 ovos en cada niñada.

Status[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribiución moi grande e que, polo tanto, non se aproxima ao limiar de vulnerábel, combinado cun tamaño de poboación qu parece ser estábel,[5] avalía o seu estao de conservación como LC (pouco preocupante).[1]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]