Simeón Blanco-Cicerón García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Simeón Blanco-Cicerón García
Simeón Blanco-Cicerón 1922.jpg
Nacementoséculo XIX
 Santiago de Compostela
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e médico
PaiRicardo Blanco-Cicerón
editar datos en Wikidata ]

Simeón Blanco-Cicerón García, nado en Santiago de Compostela, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ricardo Blanco-Cicerón, en 1914 licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela[1], e estableceuse en Madrid nos anos vinte.

Publicou o poemario La noche clara (1922)[2], con prólogo de José María Carretero Novillo, «El Caballero Audaz»[3]. Colaborou en El Pueblo Gallego. En 1925 foi premiado un relato seu no Certamen literario de Murcia[4] e en 1930 obtivo un premio no Certamen Nacional de periodismo tradicionalista de Valencia.[5] En 1941 publicou en Madrid o poemario La escondida senda.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La noche clara, 1922.
  • La escondida senda, 1941.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 11-6-1914, p. 2.
  2. Vida Gallega, 25-7-1923, p. 9-10.
  3. Couceiro Freijomil, A. (1951). "Blanco Cicerón, Simeón". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 154. 
  4. El Pueblo Gallego, 3-10-1925, p. 8.
  5. El Eco de Santiago, 11-3-1930, p. 2.