Silván, Benuza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vista panorámica de Silván

Silván é un núcleo de poboación do concello de Benuza, na Comarca da Cabreira, no suroeste de León e como todo o concello de Benuza forma parte do Consello Comarcal do Bierzo. En 2001 tiña 216 habitantes distribuídos en cinco barrios: Santiago, La Peña, Fresnedo, Prosillo. As principais actividades económicas son a agricultura, a gandería e as canteiras de lousa. As dúas fontes situadas no lugar baixan directamente do monte, unha delas está no camiño para o barrio da Peña e a outra fonte está subindo pola rúa principal ( Carreira ) por onde van as ovellas dirixíndose cara ao monte; esa fonte chámase Fuentemeleira.

Lugares do concello de Benuza (León)

Benuza | Llamas de Cabrera | Lomba | Pombriego | Santalavilla | Sigüeya | Silván | Sotillo de Cabrera | Yebra


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.