Sika AG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sika AG
TipoSociedade Anónima
Fundación1910 Suíza Suíza
LocalizaciónBaar Suíza Suíza
FundadorKaspar Winkler
Persoas claveJan Jenisch (CEO)
Johann Paul Hälg (Presidente)
IndustriaQuímica
ProdutosProdutos químicos para Construción e Fabricación
Adesivos
Selladores
Impermeabilizantes
Aditivos para formigón e cemento
Reforzamentos estruturais
Recubrimientos
Número de empregados15.254 (2011)
Na rede
https://www.sika.com/
Facebook: Sika Twitter: sikaspain Instagram: sikarussia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sika AG é unha empresa química fundada por Kaspar Winkler en 1910. É unha empresa mundial con sede en Baar, Suíza. Fabrica e comercializa produtos para a construción e a industria.

Sika ten filiais en 76 países e 15.254 traballadores (en 2011).

Sika comercializa produtos baixo máis de 600 marcas incluíndo Sikaflex®, Sika ViscoCrete®, SikaBond®, Sikafloor®, Sika CarboDur® Sikagard®, Sikaplan®, Sikament®, Sikadur®, SikaLastic®, SikaRoof® MTC, Sika Unitherm® e Sika Sarnafil®. Sika AG é o nome legal da empresa para o grupo, incluíndo a organización internacional de Sika, Sika Technology AG (Investigación e Desenvolvemento) e Sika Services AG (funcións corporativas de tódalas filiais do mundo).

Historia[editar | editar a fonte]

En 1910 a compañía foi fundada por Kaspar Winkler. As invencións de Winkler eran produtos para a protección e limpeza do granito (conservación e puído). Winkler logo desenvolveu un produto, cunha base química para acelerar o callado e o endurecemento de morteiro e formigón, que selaba simultaneamente. En 1912 establecéronse as primeiras filiais en Alemaña. A falta dunha xestión eficaz e unha rede insuficiente obstaculizou a expansión. Coa contratación dun director, que era responsable da expansión, establecéronse en 1926 a 1928 empresas en Inglaterra, Italia e Francia. En 1918 a empresa fixo probas exitosas cos Ferrocarrís Suízos (SBB) e Sika fixo posible a seladura e polo tanto a operación do ferrocaril eléctrico en San Gotardo. Eran 67 túneles (59.000 m2 abovedados) e a seladura fíxose cunha mestura de cemento Portland e morteiro Sika.

Fritz Schenker, fillo de Kaspar Winkler, a partir de 1935 fomentou a expansión global da compañía. Sika tiña antes da segunda guerra mundial representantes en Europa, América e Asia. En 1971 toma a dirección da empresa. Nos anos 1960 Sika entrou nunha grave crise: a quebra podíase previr con dificultade. En 1980 inventaron o revolucionario monocompoñente de poliuretano adhesivo chamado Sikaflex para a industria automotriz. Nos anos 1990 Sika desfíxose de negocios pouco rendibles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]