Saltar ao contido

Siervo González Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSiervo González Rivas
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor en Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio vello de Mondoñedo Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Monólito na súa memoria no cemiterio vello de Mondoñedo

Siervo González Rivas, nado en Mondoñedo en 1886 e finado no mesmo concello o 11 de xaneiro de 1938, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Funcionario municipal do concello de Mondoñedo, era recadador de arbitrios. Na Segunda República Española foi dirixente do Sindicato Único de Profesiones Varias de Mondoñedo (CNT) e elixido presidente da Comisión Inspectora da Oficina Local de Colocación Obrera en 1934.

Nas eleccións de 1933 presentouse como candidato pola Unión Socialista Galega pola provincia de Lugo. Foi dirixente do Partido Sindicalista en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sometido a depuración e expulsado do seu posto.

Foi asasinado en Mondoñedo o 11 de xaneiro de 1938, xunto con Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez. Os seus cadáveres apareceron na Travesa dos Remedios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]