Saltar ao contido

Sica (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sica
 Título
Sica Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
Autoría
 Director/a
 Actores
Datas
 Data de publicación
2023 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración91 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt11647490 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Sica é un filme español de 2023 escrito e dirixido por Carla Subirana. O filme rodouse na Costa da Morte e presentouse na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín en febreiro de 2023, concretamente na sección "Generation". Foi o filme de peche do Festival Internacional de Barcelona-Sant Jordi en abril de 2023.[1]

O filme explica a busca realizada por unha moza de 14 anos, Sica, obsesionada con que o mar devolva o cadáver do seu pai logo dun naufraxio na Costa da Morte, en Galicia. Sica busca obsesivamente a voz do seu pai nun gran buraco: a Furna das Grallas.[2][3]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

A música é de Xavier Font e a fotografía de Mauro Herce.[3] A produción, de Alba Sotorra, Miramemira, Zuzú Cinema, Amorambre Films e Filmmarket Fund,[4] contou coa participación de TV3. Foi rodado maioritariamente en galego e tamén en catalán.[4] O filme foi rodado en varias localizacións da Costa da Morte e a súa contorna, concretamente nas Illas Lobeiras, Camariñas, Malpica, Vimianzo, Ponteceso e Mazaricos.[5]

  1. CCMA, ed. (31 de xaneiro de 2023). ""Sica", amb la participació de TV3, clausurarà la setena edició del BCN FILM FEST". Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  2. CCMA (ed.). ""Sica", de Carla Subirana, seleccionada a la Berlinale". Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Filmaffinity (ed.). "Sica" (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 El Punt Avui, ed. (15 de febreiro de 2023). "El cinema català torna a la Berlinale amb cinc produccions". Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  5. Blanco, Patricia (24 de maio de 2023). "Un paseo por los escenarios de «Sica»: aquí se rodó la película" (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]