Shiro Saigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Shiro Saigo
Saigo-Shiro.jpg
Nacemento4 de febreiro de 1866
 Aizuwakamatsu
Falecemento22 de decembro de 1922
 Onomichi
NacionalidadeXapón
Ocupaciónjudoca
editar datos en Wikidata ]

Shiro Saigo (en xaponés 西郷四郎 Saigō Shirō), nado en Aizuwakamatsu (prefectura de Fukushima) o 4 de febreiro de 1866 e finado o 22 de decembro de 1922, foi un dos primeiros discípulos de judo. Saigo, xunto con Tsunejiro Tomita, foron os primeiros na historia do Judo en recibir o Shodan polo fundador de judo Jigoro Kano, quen estabeleceu o sistema de clasificación kyu-dan.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o terceiro fillo do samurai Shida Sadajiro. Durante a súa infancia, adestrou no estilo de loitar do Aizu clan, chamado oshikiuchi. En 1882, Saigo mudouse a Tokio e en agosto daquel ano, matriculouse no Kōdōkan, pasando a ser o segundo estudante to mestre Jigoro Kano. En 1883, xunto con Tsunejiro Tomita, converteuse nun dos primeiros en recibir o grao yudansha en calquera arte marcial. O mesmo día da súa graduación, asumiría o desafío de loitar contra Sakujiro Yokoyama, un loitador de jujutsu moito máis pesado, o que derrotou, situación que fixo que Yokoyama se unise a escola tamén. Pénsase que Takisaburo Tobari tamén foi derrotado por Saigō antes de unirse ao Kōdōkan.

Un home de axilidade extrema, Shiro era coñecido co alcume do "Gato" debido á súa habilidade para aterrar nos seus pés cando era derribado, unha habilidade que observou en gatos reais e que adestrou saltando do segundo piso dun edificio. Era tamén coñecido como "Pés de Polbo" pola súa habilidade para evitar perder a súa estabilidade. Desenvolveu unha técnica persoal a que chamou "yama arashi", posibelmente relacionada coa técnica de Judo moderna do mesmo nome, aínda que segundo Tsunejiro Tomita, o seu traballo perdeuse tras a súa morte.

Saigō foi responsable do aumento de popularidade do Judo Kodokan, cando demostrou a súa superioridade derrotando a adversarios moito máis grandes.

De xeito semellante, Saigō loitou representando ao Kodokan en 1884, cando tres loitadores da escola de jūjutsu Yōshin-ryū chamados Matsugoro Okuda, Daihachi Ichikawa e Morikichi Otake retaron os seus membros. Aínda que Kano non se atopaba no Kodokan nese intre, Shiro e os seus colegas Yokoyama e Tsunejiro Tomita, decidiron aceptar o desafío. O tres membros do Kodokan derrotaron os seus adversarios nos seus respectivos combates, con Shiro derribando a Okuda tres veces antes de rematalo co o seu yama arashi. Kano non aprobou o comportamento dos seus discípulos cando descubriu o que acontecera, pensando que se mostraran demasiado prestos para loitar, mais as súas vitorias axudaron a aumentar o renome do Kodokan no Xapón.

Cando Jigoro Kano empezou para desenvolver o judo a partir do Jujutsu, os seus esforzos atopáronse coa oposición dos practicantes de Jujutsu. Con todo, Kano conseguiu un grupo leal de seguidores que incluían loitadores excepcionais. De aí o nome dos "Catro Gardiáns do Kōdōkan", que se refire a Shiro Saigo xunto con Yamashita Yoshiaki, Yokoyama Sakujiro, e Tsunejiro Tomita.

Notas[editar | editar a fonte]