Shibam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha vista da cidade.

Shibam (en árabe شبام) é unha pequena cidade de Iemen, situada na Gobernación de Hadramaut e poboada por uns 7.000 habitantes.[1] Existen datos da súa existencia dende o século II a. e. c. Foi en numerosas ocasións a capital do reino de Hadramaut.

Inscribiuse no Patrimonio da Humanidade da Unesco no ano 1982.[2][3]

A cidade viuse afectada polas inundacións que arrasaron Iemen en 2008.[4][5] Malas xestións no seu manexo, ameazas naturais e o conflito armado acontecido durante o ano 2015, fixeron que o comité do Patrimonio da Humanidade da Unesco inscribise ao sitio na lista de Patrimonio da Humanidade en perigo en xullo do ano 2015.[6]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A súa arquitectura con edificios de varios andares, feitos de adobe e separados por un labirinto de canellas estreitas, válelle o sobrenome de Manhattan do deserto ou "a máis antiga cidade de rañaceos do mundo". O método de construción dos edificios en terra crúa é ancestral, sendo os máis antigos que se conservan do século XVI.

A cidade é o exemplo máis antigo de planificación urbana baseada nos principios da construción vertical, un plano ben definido. Os edificios máis altos acadan os 16 andares e unha altura de até 40 metros, sendo o minarete, con 50 metros, o edificio máis alto da cidade. Para protexer as edificacións das inclemencias, as fachadas son recubertas cun baño espeso que hai que renovar regularmente.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Foi en Shibam onde o director italiano Pier Paolo Pasolini rodou a película As mil e unha noites estreada en 1974 en Francia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]