Saltar ao contido

Sheruburitto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sheruburitto
Título orixinalシェルブリット
Autor/aKunihiko Ikuhara
Ilustrador/aMamoru Nagano
OrixeXapón
LinguaXaponés
Xénero(s)Ciencia ficción, mecha
EditorialKadokawa Shoten
Data de pub.1999-2000
editar datos en Wikidata ]

Sheruburitto (en xaponés: シェルブリット Hepburn: Sheruburitto?) é unha novela de Kunihiko Ikuhara. Consta de dous volumes, ilustrados por Mamoru Nagano. O álbum conceptual Schell:Bullet サナフス68 (2000), composto por Tenpei Sato, foi creado como acompañamento para as novelas.

Resumo[editar | editar a fonte]

Por mor dunha manipulación xenética, a sociedade humana segregouse en función dos xenes. Os Majors, humanos intersexuais, manteñen o monopolio do material xenético máis forte; pola súa banda, os Minors son un grupo inferior que mantén o binarismo sexual. Segundo Ikuhara, a súa intención era crear "unha raza que combinase as partes boas de homes e mulleres".[1] O protagonista, Ors Break, finxe ser un Major e logra ser contratado pola empresa de comercio intergaláctico Balt Liner Corporation como piloto de schell, un tipo de mechas bio-orgánicos. Tras ser descuberta a súa condición de Minor, chega a un acordo co seu xefe, o Major Delbee Ibus, para continuar traballando coa organización.[1][2]

Produción[editar | editar a fonte]

Sheruburitto foi publicada por Be-Papas tras o lanzamento de Shōjo Kakumei Utena: Adoresensu Mokushiroku 少女革命ウテナ アドゥレセンス黙示録 ("Utena, a rapaza revolucionaria: Apocalipse adolescente", 1999), pouco antes do traslado de Ikuhara aos Ánxeles.[3] Ikuhara e Nagano promocionaron a novela facendo cosplay de personaxes de Sailor Moon durante un evento.[4][5] A pesar de diversas ofertas, a novela nunca chegou a adaptarse en formato de anime.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Sheruburitto foi publicada pola editorial Kadokawa Shoten. A novela consta de dous volumes: ADEN ARABIE (1999) e ABRAXAS (2000). Ambos conteñen ilustracións de Nagano baseadas en personaxes e lugares da obra, así como diagramas dos schells.[2]

N.º Título Data de publicación ISBN
1 シェルブリット〈I〉ADEN ARABIE 01/09/1999 978-4048530910
2 シェルブリット〈II〉ABRAXAS 01/07/2000 978-4048531290
Schell⋮Bullet サナフス68
Publicado21 de xullo de 2000
Duración52:40
Selo(s)Starchild Records
Producido porTenpei Sato

Álbum[editar | editar a fonte]

Schell⋮Bullet サナフス68 (2000) é un álbum conceptual composto por Tenpei Saito. Inclúe as voces de Ikuhara e Maria Kawamura.[7]

Foi publicado por Starchild Records o 21 de xullo do 2000.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Place Where Revolutionary Girl Utena Was Born". ohtori.nu. Consultado o 2023-12-06. 
  2. 2,0 2,1 "Schell Bullet - GEARS Online". www.gearsonline.net. Consultado o 2023-12-06. 
  3. "Kunihiko Ikuhara to move to United States". Anime News Network (en inglés). 2023-12-06. Consultado o 2023-12-06. 
  4. "The Mike Toole Show - Gothicmade in Japan". Anime News Network (en inglés). 2023-12-06. Consultado o 2023-12-06. 
  5. "Sailor Moon staff information". www.usagi.org. Consultado o 2023-12-06. 
  6. "Interview: Kunihiko Ikuhara". Anime News Network (en inglés). 2023-12-06. Consultado o 2023-12-06. 
  7. "From the Mouths of Babes - Learn what the creators of SKU have to say for themselves.". ohtori.nu. Consultado o 2023-12-06.