Shaman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shaman
Captura de pantalla do Shaman, versión 1.0.9.
Desenvolvedor(es)Equipo do Shaman
Última versión1.0.9
(6 de setembro do 2008)
Sistema operativoGNU/Linux (Arch Linux)
TipoXestor de software
LicenzaGPL
Sitio webshaman.iskrembilen.com

Shaman é un programa (interface e infraestrutura) de KDE para a xestión de paquetes. Este programa actúa de parte intermediaria entre o usuario e o sistema de xestión de paquetes, permitindo xestionar software de distintos sistemas de xestión de paquetes coa mesma interface e similares funcionalidades. As súas funcionalidades son similares a outros xestores, coma Synaptic.

Orixe[editar | editar a fonte]

Orixinalmente Shaman era unha interface gráfica baseada en Qt4 para libalpm, a biblioteca de Pacman, que permite a instalación de paquetes de software en Arch Linux. Posteriormente, os seus desenvolvedores decidiron facer posible utilizalo xunta calquera sistema de paquetes.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Shaman está escrito en C e C++[1] cunha interface en Qt.

Aínda que o desenvolvemento de Shaman semella estar detido, continúa[2]. Nestes momentos estase a traballar na súa segunda versión, que estará baseada nun sistema de engadidos que permitirán o seu uso en calquera sistema de paquetes utilizando distintas infraestruturas.

A aplicación está internacionalizada, polo que pode ser traducida a outras linguas. Porén, aínda non se traduciu ao galego.

Funcionalidades[editar | editar a fonte]

Entre as súas características cabe salientar:

  • Extensible a calquera xestor de paquetes e integrado con eles.
  • Deseño simple baseado en engadidos.
  • Completamente asíncrono.
  • Controlable mediante o uso de guións.

Funcionalidades planeadas[editar | editar a fonte]

En versións futuras, Shaman incorporará funcionalidades coma:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SourceForge.net: Shaman" (en inglés). Consultado o 02/05/2009. 
  2. drf. "Shaman, libalpm frontend in Qt4 - Arch Linux Forums" (foro) (en inglés). Consultado o 02/05/2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]