Severino Requejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Severino Requejo
Nacemento5 de setembro de 1941
 Armariz
Falecemento2 de abril de 2012
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntirador
editar datos en Wikidata ]

Severino Requejo Pato, nado en Armariz, Nogueira de Ramuín, o 5 de setembro de 1941 e finado o 2 de abril de 2012, foi un garda civil e tirador galego, que competiu nos Xogos Olímpicos de 1972.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na parroquia de Armariz, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, aos 12 anos marchou coa súa familia a vivir a Toural dos Vaos, no Bierzo, a onde foi destinado seu pai, que era garda civil. Tamén Severino entrou no corpo da Garda Civil, formándose na Academia de Barcelona e sendo destinado durante varios anos a Cabeza de Campo, no concello leonés de Sobrado.[1]

Comezou a practicar tiro deportivo e tras varias medallas no Campionato de España, unha delas de prata, participou en 1971 nos Xogos Mediterráneos na cidade turca de Esmirna, onde conseguiu unha medalla de bronce. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1972, na proba de pistola libre 50 metros. Tivo que participar cunha pistola que lle prestou a Garda Civil, pois a Federación Española de Tiro non lle proporcionou ningunha arma.[1] Rematou no posto 41º.[2] Nos anos seguintes gañou varias medallas máis no Campionato de España, e en 1973 proclamouse campión.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Severino Requejo Pato “Sino”" (en castelán). 9 de outubro de 2007. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  2. "Tiro nos Xogos Olímpicos de 1972 (pistola libre 50 metros)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  3. "Severino Requejo, campeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 1973. p. 20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]