Severino Pérez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Severino Pérez y Vázquez»)
Severino Pérez Vázquez
Nacemento1840
Lugar de nacementoCotobade
Falecemento1915
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
IrmánsAvelina Pérez Vázquez
editar datos en Wikidata ]

Severino Pérez Vázquez, nado no Concello de Cotobade en 1840 e finado en 1915, foi un músico experto en acústica,[1] inventor, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Pérez e irmán de Avelina Pérez Vázquez. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Marchou a Madrid onde se dedicou ao ensino e ao xornalismo na Gaceta de Madrid. Regresou a Pontevedra en 1891, onde foi redactor de La Unión Republicana, dirixiu La Unidad Democrática (1893) e La Redención del Obrero (1895) e colaborou en El Combate, que tamén chegou a dirixir durante un tempo, e La Unión Nacional. Promoveu a creación de asociacións agrarias como a Alianza agrícola de Poio (1898) que presidiu. Volveu marchar a Madrid en 1901. Colaborou en El Mundo de los Niños e El Grito del Pueblo. En 1912 participou na Asemblea do Partido Republicano Federal, do que foi vocal da Xunta Directiva de Madrid en 1914.

Inventor[editar | editar a fonte]

Gravado do Tecnefón, incluído na obra El Tecnefón: memoria presentada al Excmo. Ministro de Fomento en virtud de la Real Orden, memoria editada en Madrid en 1865 polo propio Severino Pérez Vázquez.

Creou o malvis, un piano harmónico, que presentou á Exposición Agrícola Industrial de Galicia de Santiago de Compostela de 1858. Inventou o tecnefón (1860), a única máquina falante deseñada en España, consistente nunha caixa de madeira de 130 cm de alto por 70 cm de ancho, similar a un piano de parede[2]. Tamén ideou outro instrumento musical, a vocalina, que presentou publicamente no Teatro de Pontevedra o 16 de agosto de 1899 e que posteriormente deu a coñecer en Madrid.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Varela de Vega, Juan Bautista (2005). "Pérez Vázquez, Severino". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 
  2. Pérez publicou en 1867 un libriño co título El Tecnefón. Memoria presentada al Excmo. Ministro de Fomento en virtud de Real Orden, que contén o único gravado que existe da máquina. En 1868 publicou o libro titulado El Tecnefón y los medios representativos de la palabra, que reproduce e amplía a Memoria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Battaner Moro, Elena (2006). Universidad de Murcia, ed. Un caso de heterodoxia lingüística en la España del XIX: El tecnefón, una máquina parlante in Caminos actuales de la historiografía lingüística: Actas del V Congreso Internacional de la Sociedad Española de Historiografía Lingüística. Murcia, 7-11 noviembre de 2005. ISBN 84-8371-636-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]