La Unidad Democrática
La Unidad Democrática | |
---|---|
Localidade | Pontevedra |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Unidad Democrática foi un semanario que se publicou en Pontevedra en 1893.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Publicado co lema La libertad es una ficción fuera de la autonomía del individuo. El verdadero régimen democrático exige que los ciudadanos tomen parte directa en la formación de las leyes. Moralizar el Estado es ajustar sus poderes a las necesidades del pueblo. Antes de abolir la monarquía se debe pactar la constitución de la democracia española, apareceu o 6 de maio de 1893. Creouse para combater a unión pactada en Madrid en xaneiro de 1893 entre as faccións do Partido Republicano de Nicolás Salmerón, Pi i Margall e Ruiz Zorrilla sen a conformidade de moitos correlixionarios. Constaba dunha soa folla. Estaba dirixido por Severino Pérez Vázquez. Publicáronse 12 números, cesando a súa edición en xullo dese ano, cando rematou a unión.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Regional, 1-8-1893, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Otero, José (1899). El periodismo en Pontevedra. Pontevedra: Imp. de Rogelio Quintáns. pp. 86–87. Consultado o 31 de decembro de 2013.