Sergio Iglesias Pazos
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1929 Vila de Cruces, España |
| Morte | 16 de maio de 1990 Chapa, España |
| Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
| 1974 – 16 de maio de 1990 (finado no cargo) – Jesús Otero Varela → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |

Sergio Iglesias Pazos, nado en Vila de Cruces cara a 1929 e finado en Chapa (Silleda) o 16 de maio de 1990,[1] foi un político galego, alcalde de Vila de Cruces.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo do falecemento do alcalde José Luis Castelo González foi proclamado alcalde de Vila de Cruces ao ser o único candidato en xaneiro de 1976.[2] Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD, obtendo trece escanos e a maioría absoluta. Nas eleccións de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Independientes de Galicia (CIG) obtendo de novo a alcaldía por maioría absoluta. Nas municipais de 1987, nas que se presentou polo Alianza Popular, volveu revalidar a alcaldía por maioría absoluta.
Finou en Chapa nun accidente de tráfico o 16 de maio de 1990 con 60 anos. Tras o seu falecemento asumiu a alcaldía o seu compañeiro Jesús Otero Varela.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
| Predecesor: José Luis Castelo González |
Alcalde de Vila de Cruces 1976 - 1990 |
Sucesor: Jesús Otero Varela |