Serbofobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caricatura albanesa [1], mostrando a Serbia como unha cobra. A lenda reza: "Fuxide fóra de min, chuchasangues salvaxes".

Serbofobia ou sentimento antiserbio son termos usados para describir un sentimento de hostilidade ou odio cara a Serbia ou aos serbios. O termo serbofobia usouse para describir unha "nova, moderna forma de racismo nazi" en contra dos serbios.[2]

Uso do termo na Historia[editar | editar a fonte]

O termo usouse en círculos literarios e culturais desde antes da primeira guerra mundial. Os escritores croatas Antun Gustav Matoš e Miroslav Krleža describiron algunhas figuras políticas e culturais como "serbófobas" (Krleža no cuarto volume de Charlas con Miroslav Krleža, 1985, editado por Enes Čengić), indicando que percibían un ánimo antiserbio no comportamento desas persoas. Miloš Acin-Kosta, no seu libro Draža Mihailović i Ravna Gora (Draža Mihailović e Ravna Gora), dedica unha sección á serbofobia durante a segunda guerra mundial.

Cadik Danon, o rabino en xefe de Iugoslavia, nunha carta aberta[3] ao Comité Xudeu Estadounidense en 1995, durante a Operación Forza Deliberada da OTAN durante a Guerra de Bosnia, escribiu sobre un ambiente de "... propaganda irrestrita antiserbia, que durou nesta guerra, seguindo o modelo nazi, pero con medios máis eficientes e dunha maneira máis custosa e sofisticada [...] Mesmo xudeus estadounidenses non foron capaces de soportar este veleno propagandístico, [...] eles, que non coñeceron a natureza nazi e racista do dogma serbofóbico. Non identificaban a serbofobia como unha irmá xemelga do antisemitismo...".

Formas de serbofobia[editar | editar a fonte]

De acordo con aqueles que usan o termo, a serbofobia pode ir desde o odio individualizado até a persecución institucionalizada.

  • Un exemplo de serbofobia é o uso da canción Alle Serben müssen sterben ("Todos os serbios deben morrer"), que se fixo popular en Viena en 1914.
  • O uso do termo vlach, de igual forma que o uso do termo chetnik, como designación despectiva para todo o conectado cos serbios (en lugar de designar só ao movemento paramilitar serbio) foi frecuente entre os croatas e os bosníacos durante as Guerras iugoslavas dos anos 1990 e seguiuno sendo despois destas guerras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Despois da ocupación de Albania por Serbia en 1913.
  2. ""Globalizing the holocaust", David MacDonald, University of Otago". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2022. Consultado o 26 de febreiro de 2012. 
  3. C. Danon, et al.: Carta aberta solicitando axuda do Comité Xudeu Estadounidense. 1995.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]