Serafín Barros
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de maio de 1837 Aldán |
| Morte | 3 de abril de 1912 Cangas de Morrazo |
| 1910 – 1911 | |
| 1899 – 1903 | |
| Actividade | |
| Ocupación | funcionario, político |
Serafín Barros Otero, nado en Aldán (Cangas de Morrazo) o 16 de maio de 1837 e finado en Cangas o 3 de abril de 1912, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Carmen Barros Otero e de pai descoñecido. En 1856 realizou a súa primeira viaxe a Cuba, onde desenvolveu traballos para a Administración. Retornou a Cangas en xuño de 1862. Seguiu viaxando a Cuba durante o outono e o inverno, traballando alí como funcionario de Aduanas. Foi alcalde de Cangas en dúas ocasións. Finou en Cangas o 3 de abril de 1912.[1][2]
| Predecesor: ? |
Alcalde de Cangas de Morrazo 1899 - 1903 |
Sucesor: ? |
| Predecesor: ? |
Alcalde de Cangas de Morrazo 1910 - 1911 |
Sucesor: ? |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Cruz da Orde de Isabel a Católica.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Catalina del Amo o 17 de setembro de 1863, coa que tivo cinco fillos: Eugenio, Timoteo, María Dolores, Carmen e Acacia. Logo da morte de Catalina, casou coa súa cuñada Bonifacia del Amo o 6 de xullo de 1881, coa que tivo outros cinco fillos: Alicia, Marina, Bonifacia, Nieves e Emma. A súa filla Nieves Barros del Amo casou con José Mª Bolíbar Massó, irmán de Luís Bolívar Massó.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 5-4-1912, p. 2.
- ↑ Serafín Barros, entre a realidade e a ficción