Luís Bolívar Massó
Luís Bolívar Massó | |
---|---|
Falecemento | 14 de novembro de 1939 |
Lugar de falecemento | Cangas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | industrial e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luís Bolíbar Massó,[1] finado en Cangas o 14 de novembro de 1939,[2] foi un industrial conserveiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Francisca Massó Ferrer e Tomás Bolívar Galup. Dono da fábrica de conservas Massó Hermanos da ría de Aldán. Nos últimos anos da ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Cangas e elixido primeiro tenente de alcalde.[3] Volveu ser nomeado primeiro tenente de alcalde en abril de 1930, na corporación presidida por Indalecio García Soto.[4] Foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de abril de 1931.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado primeiro tenente de alcalde de Cangas en marzo de 1938 na corporación presidida por Joaquín Carnero Graña.[6]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Nunca casou.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tamén aparece escrito como Luís Bolíbar Massó
- ↑ El Pueblo Gallego, 15-11-1939, p. 2, 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-8-1928, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-4-1930, p. 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-4-1931, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-3-1938, p. 3.
- ↑ "La saga artística de Serafín Barros". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Dasairas, Xerardo (13/10/2012). "O novo cuartel inaugurouse no recheo de Ojea" Faro de Vigo.