Sequon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un sequon é unha secuencia de aminoácidos consecutivos nunha proteína, que pode servir como sitio de unión a un polisacárido, frecuentemente un glicano enlazado por N. O polisacárido lígase á proteína por medio dun átomo de nitróxeno situado na cadea lateral dunha asparaxina (Asn). O sequon para a N-glicosilación é ou ben Asn-X-Ser ou ben Asn-X-Thr, onde X é calquera aminoácido agás a prolina. Ocasionalmente, outros aminoácidos poden ocupar o lugar da serina (Ser) ou treonina (Thr), como ocorre na proteína de superficie dos leucocitos CD69, cuxa secuencia de aminoácidos Asn-X-Cys é un sequon aceptable para a adición de glicanos enlazados por N.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brooks, Susan; Miriam Dwek; Udo Schumacher (2002). Functional and molecular glycobiology. Oxford UK: BIOS Scientific. ISBN 1-85996-022-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.