Senén Casas Regueiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1934 |
Morte | 6 de agosto de 1996 (62 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Comunista de Cuba |
Senén Casas Regueiro, nado en Bombí, Segundo Frente, Santiago de Cuba, o 30 de xullo de 1934 e finado o 6 de agosto de 1996, foi un militar e político cubano. Foi Ministro de Transportes de Cuba desde 1989 ata a súa morte. Foi tamén viceministro de Defensa e xefe de gabinete do exército cubano.
Era irmán do xeneral e tamén ministro Julio Casas Regueiro.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Bombí, Mayarí Arriba, o 30 de xullo de 1934, nunha familia de orixe galega.[2] Estudante de Dereito na Universidade da Habana, entrou en contacto con mozos de ideas progresistas e revolucionarias, especialmente tralo golpe de Estado de Fulgencio Batista en 1952.[3] Uniuse xunto ao seu irmán Julio aos revolucionarios do Movemento do 26 de xullo, liderados por Fidel Castro, e no momento do triunfo da Revolución Cubana, ostentaba o grao de capitán.
Posteriormente cursou estudos militares en Cuba e na Unión Soviética e ocupou diferentes cargos, como viceministro das Forzas Armadas Revolucionarias e Xefe do Estado Maior. Membro do Partido Comunista de Cuba, foi ademais deputado na Asemblea Nacional do Poder Popular e membro do Consello de Estado. En 1989 foi nomeado Ministro de Transportes de Cuba, en substitución de Diocles Torralba,[4] cargo que ocupou ata que faleceu en 1996 por un infarto de miocardio.[5]
Legado
[editar | editar a fonte]A estación ferroviaria de Santiago de Cuba, reconstruída en 1997, leva o seu nome.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "secretoscuba.cultureforum.net". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 14 de setembro de 2021.
- ↑ Fuentes Puebla, Thalía (5 de novembro de 2018). "Miguel Ángel Alvelo: Miradas a Cuba, España y a la Constitución" (en castelán). Consultado o 13 de setembro de 2021.
- ↑ "Reseñas biográficas de figuras significativas en la historia de Cuba" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2021.
- ↑ Caño, Antonio (7 de xuño de 1989). "Continúa la purga de altos cargos en Cuba con la destitución del jefe de la aviación civil". El País (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2021.
- ↑ Marrero Yanes, Raquel (6 de agosto de 2011). "Ejemplar jefe político y militar". Granma (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2021.
- ↑ "Terminal ferroviaria santiaguera" (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2021.