Senén Casas Regueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSenén Casas Regueiro
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1934 Editar o valor em Wikidata
Morte6 de agosto de 1996 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Cuba Editar o valor em Wikidata

Senén Casas Regueiro, nado en Bombí, Segundo Frente, Santiago de Cuba, o 30 de xullo de 1934 e finado o 6 de agosto de 1996, foi un militar e político cubano. Foi Ministro de Transportes de Cuba desde 1989 ata a súa morte. Foi tamén viceministro de Defensa e xefe de gabinete do exército cubano.

Era irmán do xeneral e tamén ministro Julio Casas Regueiro.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Bombí, Mayarí Arriba, o 30 de xullo de 1934, nunha familia de orixe galega.[2] Estudante de Dereito na Universidade da Habana, entrou en contacto con mozos de ideas progresistas e revolucionarias, especialmente tralo golpe de Estado de Fulgencio Batista en 1952.[3] Uniuse xunto ao seu irmán Julio aos revolucionarios do Movemento do 26 de xullo, liderados por Fidel Castro, e no momento do triunfo da Revolución Cubana, ostentaba o grao de capitán.

Posteriormente cursou estudos militares en Cuba e na Unión Soviética e ocupou diferentes cargos, como viceministro das Forzas Armadas Revolucionarias e Xefe do Estado Maior. Membro do Partido Comunista de Cuba, foi ademais deputado na Asemblea Nacional do Poder Popular e membro do Consello de Estado. En 1989 foi nomeado Ministro de Transportes de Cuba, en substitución de Diocles Torralba,[4] cargo que ocupou ata que faleceu en 1996 por un infarto de miocardio.[5]

Legado[editar | editar a fonte]

A estación ferroviaria de Santiago de Cuba, reconstruída en 1997, leva o seu nome.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "secretoscuba.cultureforum.net". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  2. Fuentes Puebla, Thalía (5 de novembro de 2018). "Miguel Ángel Alvelo: Miradas a Cuba, España y a la Constitución" (en castelán). Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  3. "Reseñas biográficas de figuras significativas en la historia de Cuba" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  4. Caño, Antonio (7 de xuño de 1989). "Continúa la purga de altos cargos en Cuba con la destitución del jefe de la aviación civil". El País (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  5. Marrero Yanes, Raquel (6 de agosto de 2011). "Ejemplar jefe político y militar". Granma (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  6. "Terminal ferroviaria santiaguera" (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2021.