Secundino Fernández
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Secundino Fernández Fernández 26 de xullo de 1967 (57 anos) A Proba de Burón, España |
Alcalde de Viana do Bolo | |
2015 – 2020 (moción de censura) ← Andrés Montesinos | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Secundino Fernández Fernández, nado na Proba de Burón (A Fonsagrada)[1] o 26 de xullo de 1967 é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro de Montes e enxeñeiro Técnico Agrícola, na especialidade de Explotacións Agropecuarias. Encabezou a candidatura do BNG na Fonsagrada nas eleccións municipais de 1995 e foi elixido concelleiro. Volveu encabeza-la candidatura nas municipais de 1999 e 2003, continuando como concelleiro e portavoz.
En 2004 pasou a ser funcionario da Xunta de Galicia e responsable da oficina de Extensión Agraria de Viana do Bolo. Por mor disto, trasladouse a este municipio e presentou a súa renuncia como concelleiro na Fonsagrada en setembro de 2005[2].
Nas municipais de 2007 foi o número 2 da candidatura do BNG en Viana do Bolo, se ben non resultou elixido concelleiro. Trala dimisión en xuño de 2009 do que fora cabeza de lista, asumiu a acta de concelleiro e a portavocía do grupo. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do BNG e pasou de 1 a 3 concelleiros, sendo o principal partido da oposición.
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou novamente a candidatura do BNG e logrou 5 concelleiros, perdendo o PPdeG a maioría absoluta, polo que foi elixido alcalde co apoio do único concelleiro do PSdeG. Gobernou en minoría ata maio de 2017, cando se incorporou ó goberno o novo edil socialista. Nas municipais de 2019 pasou a 4 concelleiros, volvendo a ser elixido co apoio dos tres concelleiros do PSdeG, pasando a gobernar en minoría tras non acadar un pacto de goberno cos socialistas.
En setembro de 2020 perdeu a alcaldía tras unha moción de censura presentada por dous tránsfugas exsocialistas e o PPdeG, a cal lle entregou o bastón de mando ó exsocialista Abelardo Carballo. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do BNG e pasou a 3 concelleiros. Pese a sumar maioría co PSdeG, a falta de acordo cos socialistas fixo que o PPdeG continuase no goberno como forza máis votada.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 concorreu como número 4 da candidatura do BNG pola provincia de Ourense e foi elixido deputado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carreira, X. (7 de xuño de 2015). "Un fonsagradino aspira a gobernar en Viana do Bolo". La Voz de Galicia. Consultado o 8 de abril de 2017.
- ↑ "Secundino Fernández abandona el cargo de edil en A Fonsagrada". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de setembro de 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- M. Cobas (3/3/2017). "Secundino Fernández, alcalde do BNG: «A nosa vontade sempre foi a de ter acordo co PSOE para gobernar»" La Voz de Galicia (en galego).
Predecesor: Andrés Montesinos |
Alcalde de Viana do Bolo 2015 - 2020 |
Sucesor: Abelardo Carballo |