Sebastiano Satta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Sebastiano Satta
Satta Ciusa.jpeg
Nacemento 21 de maio de 1867
  Nuoro
Falecemento novembro de 1914
  Nuoro
Nacionalidade Reino de Italia
Educado en University of Sassari
Ocupación poeta, escritor, xornalista e avogado
editar datos en Wikidata ]
Sebastiano Satta, ás esquerda, co escultor Francesco Ciusa

Sebastiano Satta, nado en Nuoro o 21 de maio de 1867 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1914, foi un poeta, avogado e xornalista sardo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do avogado Antonio Satta e de Raimonda Gungui, quedou orfo de pai cando tiña cinco anos. Graduouse en dereito en Sassari en 1894, e exerceu como avogado penalista en Nuoro. Poeta en lingua sarda e italiana, foi un dos animadores da vida cultural nuoresa de entre séculos. En publicou 1893 Versi ribelli, escolma de poesías compostas en Boloña mentres facía o servizo militar, moi influenciados pola obra de Giosuè Carducci. Fundou en 1892 con Gastone Chiese L'Isola en 1892[1], do que foi director[2]. Seguiu a colaborar en revistas literarias con versos, incrementando a súa produción por mor dunha parálise que sufriu en 1908 e que lle impediu seguir a traballar como avogado. De ideas socialistas foi concelleiro de Nuoro entre 1902 e 1903[3].

A súa poesía é rica de ideais humanitarios[4], inspirada na realidade sarda do seu tempo vista con ollos críticos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Versi ribelli, 1893.
  • Nella terra dei nuraghes, 1893.
  • Primo maggio, 1896
  • Ninnananna di Vindice, 1900
  • Canti barbaricini, 1910.
  • Canti del salto e della tanca, 1924.
  • Canti della culla, 1924.

Notas[editar | editar a fonte]