Sauna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sauna común

Unha sauna é un baño de vapor que se realiza nun recinto a moi alta temperatura. Dependendo da humidade relativa dentro do recinto a sauna pode ser húmida ou seca. A sauna húmida, onde a temperatura non supera os 70 °C e a humidade relativa é moi alta, é coñecida como baño turco. A sauna seca, con temperaturas entre os 80º e 90 °C e unha humidade mínima, nunca superior ao 20%, coñécella como sauna finlandesa ou simplemente sauna. Esta última modalidade é a máis coñecida e amplamente practicada nos países escandinavos, onde o ritual da sauna vai acompañado de duchas frías e masaxes.

Saunas castrexas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Sauna castrexa.

As saunas castrexas son construcións de pedra que aparecen nos castros en toda a zona de cultura castrexa (Galicia, occidente de Asturias e Norte de Portugal). A pesar de que se cría que as saunas castrexas eran unha adaptación indíxena das termas romanas, os últimos achados desminten esa idea, son, polo tanto de orixe prerromana. Crese que o seu uso era ritual e non lúdico. Constan dun forno e dunha sala de vapores á que hai que entrar a través dun burato pequeño furado nunha gran lousa de pedra chamada pedra formosa, xa que soe estar decorada con motivos celtas, e no que só entra unha persoa arrastrándose. As saunas celtas abundan no que hoxe é o Norte de Portugal e no occidente Asturiano e norte de Lugo[1].

Notas[editar | editar a fonte]