Satélite espía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Listaxe de satélites de recoñecemento estadounidenses despregados desde 1960.

Un satélite espía, denominado tamén como satélite de recoñecemento ou satélite de intelixencia, é un satélite de observación terrestre ou de comunicacións despregado para aplicacións de intelixencia e recoñecemento.

A primeira xeración de satélites espía (como os Corona[1][2] estadounidenses ou os Zenit-2 soviéticos) tomaban fotografías con película fotográfica que debía ser devolta a terra en cápsulas para poder ser revelada e analizada. Posteriormente os satélites espía foron dotados de cámaras e sistemas dixitais que permiten transmitir as imaxes directamente a terra.

Tipos[editar | editar a fonte]

Dentro dos satélites de recoñecemento poden atoparse varios tipos:

  • Satélites de alerta temprana, para a detección de lanzamento de mísiles.
  • Satélites detectores de explosións nucleares, como os Vela.
  • Satélites de recoñecemento electrónico, para interceptar sinais de radio.
  • Satélites de recoñecemento óptico, que toman imaxes de moi alta resolución.
  • Satélites de recoñecemento mediante radar, que teñen a vantaxe de poder observar de día e de noite.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. National Reconnaissance Office (ed.). "Corona History". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2022. 
  2. Mission and Spacecraft Library (ed.). "Corona Program". Arquivado dende o orixinal o 7 de agosto de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]