Sara José López Bueno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sara José López Bueno
2019-09-06 - Archery World Cup Final - Women's Compound - Sara López.jpg
Nacemento24 de abril de 1995
 Pereira, Colombia
NacionalidadeColombia
Ocupaciónarqueira
editar datos en Wikidata ]

Sara José López Bueno, nada en Pereira, Risaralda, o 24 de abril de 1995, é unha atleta colombiana que compite na modalidade de tiro con arco composto.[1] No 2019, converteuse na primeira deportista en gañar cinco finais da Copa do Mundo en arquería.[2] Competiu por primeira vez para o equipo nacional de Colombia durante o Pre-olímpico do 2011 en Medellín, Colombia. Dende entón, competiu en máis de 156 eventos internacionais,[3] incluíndo os Xogos Bolivarianos, os Xogos Suramericanos, os Xogos Panamericanos, os Xogos Mundiais e a Copa do Mundo de tiro con arco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sara López na Final da Copa do Mundo de Tiro con Arco - 2019.

López tivo o seu debut internacional no 2013 cando competiu nos Xogos Panamericanos e os Xogos Mundiais, obtendo medallas de bronce en ámbolos dous encontros.[4] Dende entón, situouse como unha das mellores arqueiras do mundo na súa especialidade, obtendo 46 medallas de ouro individuais e como parte do equipo colombiano.

No ano 2019, ocupaba o posto número 2 na clasificación mundial de tiro con arco feminino.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sara Lopez". World Archery (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  2. Semana. "Sara López se consagró campeona de las Copas Mundo de tiro con arco 2019 por quinta vez". Sara López se consagró campeona de las Copas Mundo de tiro con arco 2019 por quinta vez (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  3. "Sara Lopez". World Archery (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  4. "Sara Lopez". World Archery (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019. 
  5. "Sara Lopez". World Archery (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2019.