Sara Borrell Ruiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSara Borrell Ruiz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte1999 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , farmacéutica , bioquímica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Sara Borrell Ruiz, nada en Madrid en 1917 e finada na mesma cidade en 1999, foi unha farmacéutica e bioquímica española destacada polos seus traballos pioneiros sobre análises e metabolismo de hormonas esteroides.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tanto a avoa, Clementina Albèniz, que foi mestra da Asociación para la Enseñanza de la mujer, como o resto da familia, apoiaron os desexos de estudar de Sara. A súa familia era liberal e estivo comprometida en temas sociais. O seu pai, membro de Izquierda Republicana, estivo encarcerado ao acabar a Guerra Civil.[4]

Sara quixo estudar enxeñaría agrónoma pero ao non ser admitida decidiuse polos estudos de farmacia na Universidade de Madrid en 1933. Licenciouse en 1940 e obtivo o doutoramento en 1944, cunha tese sobre as augas do río Tajo.[5]

Traballou como profesora de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), onde realizou estudos sobre as proteínas do leite, traballos que lle levaron a investigar no Hanna Dairy Research Institute de Escocia, con Norman C. Wright.

En 1950 Gregorio Marañón animouna a investigar no entón recentemente creado Instituto de Endocrinoloxía Experimental, ofrecéndolle a posibilidade de complementar os seus estudos sobre bioquímica e metabolismo das hormonas no estranxeiro.

En 1963, por mor da morte de Gregorio Marañón, creouse o Instituto Gregorio Marañón e Sara encargouse da Sección de Esteroides. Neste mesmo ano creouse a Sociedade Española de Bioquímica da cal Sara foi socia fundadora. Xa en 1983 ao inaugurarse o Instituto Cajal do CISC entrou a traballar alí, onde permaneceu até a súa xubilación en 1989.

Cunha bolsa do CSIC, traballou en Cambridge nun proxecto sobre as reaccións relacionadas co escurecemento do leite, do que non se coñecía o fundamento químico que podería contribuír a evitalo. Os resultados publicáronse na revista británica Nature en 1952.[4]

Contribucións[editar | editar a fonte]

Sara introduciu en España os coñecementos e as técnicas que adquiriu ao longo das súas estancias no estranxeiro entre 1946 e 1961. Unha delas, por exemplo, en Massachusetts con G. Pincus, o inventor da pílula anticonceptiva, na Worcester Foundation for Experimental Biology e outra na Unidade de Investigación de Endocrinoloxía Clínica en Edimburgo. Pincus recomendouna para participar nas probas sobre a eficacia da pílula anticonceptiva en Porto Rico pero non quixo afastarse da súa familia.

Os seus traballos publicáronse en revistas científicas con difusión internacional. A maioría das súas investigacións pódense atopar no Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism, o Biochemical Journal, o Journal of Endocrinology e en Hormone Research.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Instituto de Saúde Carlos III deu o seu nome a un programa de axudas para contratos posdoutorais.[1][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Santesmases, María Jesús. "Sara Borrell Ruiz" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de xullo de 2013. Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  2. "Científicas españolas". Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  3. Habla. Tu revista digital (ed.). "15 mentes científicas españolas". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Santesmases (2017)
  5. Ruiz, Sara Borrell y (1942). "Análisis de las aguas del Río Tajo" (en español). Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  6. "Guía Ayuda CONTRATOS SARA BORRELL" (PDF). ISCIII. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]