Saltar ao contido

Sapo dourado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sapo dourado

Macho de sapo dourado
Estado de conservación

Extinto dende 1989[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Bufonidae
Xénero: Incilius
Especie: I. periglenes
Nome binomial
Incilius periglenes
Savage, 1966
Sinonimia

O sapo dourado,[Cómpre referencia] de nome científico Incilius periglenes (antes chamado Bufo periglenes), descrito pola primeira vez en 1966 polo herpetólogo Jay Savage, é unha especie de anfibio anuro que viviu nuns poucos lugares no bosque de Monteverde, en Costa Rica, América Central. Está clasificado pola IUCN como extinto. Desde 1989 non se viu un só espécime do sapo dourado. A súa repentina desaparición é citada como parte da diminución das poboacións de anfibios, que poden ser atribuíbeis ao cambio climático provocado polo quentamento global ou ben a unha epidemia de fungos específicos de anfibios, ou doutros factores, combinados ou independentes.

  1. Alan Pounds, Jay Savage & Federico Bolaños (2004). "Incilius periglenes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 11 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]