Santuario de Santa Columba das Pías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario de Santa Columba das Pías
PaísEspaña
Coordenadas43°01′47″N 7°56′39″O / 43.029861111111, -7.9441111111111Coordenadas: 43°01′47″N 7°56′39″O / 43.029861111111, -7.9441111111111
editar datos en Wikidata ]

O santuario de Santa Columba das Pías é un santuario situado na parroquia de Codesoso pertencente ó concello de Sobrado.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A Igrexa, dunha soa nave con muros de cantaría e cachotería con tellado de tella, áchase no medio dunha carballeira centenaria. No seu interior contén un retablo de madeira policromada creado por Tomás de Fachal e Pedro Otero, escultores de Santiago de Compostela.[2] Acaroada ó santuario hai unha pequena capela de 1710 consagrada a Santa Columba que contén unha imaxe da mesma en pedra. Na súa festa, en Pentecoste, reúnense miles de persoas que se achegan a renderlle culto e gozar da celebración.

Neste mesmo lugar atópase a fonte das Pías, con sona de ter propiedades milagreiras e empregada tradicionalmente para remediar as dores de cabeza, de pés, da gorxa, da vista e para afeccións cutaneas.[3] É posíbel que a fonte fose antigamente venerada como lugar de nacemento do río Mandeo.[4]

Fonte das Pías

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago. Santuario das Pías y la Bula Apostólica de Inocencio XII.". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 09 de xuño de 2015. 
  2. Alonso de Dios, Alberto (2014). "Santuario de Sta. Comba das Pías". galiciamaxica.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2015. Consultado o 09 de xuño de 2015. 
  3. A Fonte Santa de Piñor (Melide)
  4. Galíndez, Andregoto (2021-06-09). "Arqueotoponimia: Nacemento do río Mandeo (Santa Columba das Pías)". Arqueotoponimia. Consultado o 2021-06-22.