Santuario de Nosa Señora de Nazaré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario de Nosa Señora de Nazaré
Fachada principal
Datos xerais
PaísPortugal Portugal
TipoSantuario mariano
AdvocaciónNosa Señora de Nazaré
LocalizaciónNazaré
Coordenadas39°36′20″N 9°04′36″O / 39.6055, -9.0767Coordenadas: 39°36′20″N 9°04′36″O / 39.6055, -9.0767
CatalogaciónMonumento Nacional
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseDiocese católica latina de Leiria-Fátima
Arquitectura
Construciónséculo XVI e finais do século XIX
EstiloBarroco
Santuario de Nazaré en Portugal
Santuario de Nazaré
Santuario de Nazaré
editar datos en Wikidata ]

O Santuario de Nosa Señora da Nazaré (en portugués: Santuário de Nossa Senhora da Nazaré) atópase na vila de Nazaré. No seu interior, gárdase a sagrada imaxe de Nosa Señora da Nazaré, unha Virxe negra, esculpida en madeira, traída de Mérida no ano de 711. A historia desta imaxe é contada na Lenda da Nazaré.

No sitio existen aínda os tres santuarios onde se venerou, e venera, a imaxe dende que alí chegou no ano de 711, levada por frei Romano, monxe do convento de Cauliniana. Após a derrota do exército cristián na batalla de Guadalete, o monxe fuxiu dos invasores musulmáns, na compaña de Don Rodrigo, o derradeiro rei visigodo, fuxitivo após a derrota do seu exército. A escolla do destino, no litoral Atlántico, xustifícase pola existencia nas proximidades dun mosteiro visigótico, do cal subsiste a igrexa de São Gião, clasificada como Monumento Nacional en 1986.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brito, Frei Bernardo de; Monarquia Lusitana, tomo II; Lisboa, 1609.
  • Alão, Manoel de Brito; Antiguidade da Sagrada imagem de Nossa Senhora de Nazareth; Lisboa,1628.
  • Boga, Padre Mendes; D. Fuas Roupinho e o Santuário da Nazaré, 1ªed; Lisboa, 1929.
  • Marggraf, Rainer; Os azulejos de Willelm Van der Kloet em Portugal, Lisboa, 1994.
  • Penteado, Pedro, coord.; Santuário da Senhora da Nazaré; Lisboa, 2002.