Río Urola
Aparencia
Río Urola | |
---|---|
O Urola no concello de Zestoa | |
País | España |
Nacemento | Monte Aizkorri |
Altitude | 1.891 msmn |
Lonxitude | 59,3 km |
Conca | 364,1 km² |
Caudal medio | 7,98 m³/s |
Desembocadura | Mar Cantábrico |
O Urola é un curto río guipuscoano de 59,3 km de lonxitude que verte as súas augas no mar Cantábrico.
Curso
[editar | editar a fonte]O Urola nace en Brinkola, no monte Aizkorri e segue unha dirección xeral de curso sur-norte. Desemboca no litoral en Zumaia, no Golfo de Vizcaia . A área total da conca do río ocupa 364,1 km². Os tributarios principais do Urola son os ríos Ibaieder, Errezil, Altzolaras e máis Larrondo (ou Narrondo).
Concellos que atravesa
[editar | editar a fonte]No seu camiño até a costa o Urola atravesa os municipios de Legazpi, Zumarraga-Urretxu, Azkoitia, Azpeitia, Zestoa, Aizarnazabal e Zumaia. De sur a norte o Urola crea as comarcas de Urola Garaia ou Alto Urola (Zumarraga) , Urola Erdia ou Urola Medio (Azpeitia) e máis Urola Kosta ou Costa do Urola (Zumaia).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Urola |