Santos Oujo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1943 (81 anos) Ribeira, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Santos Oujo Bello, nado en Ribeira o 20 de xuño de 1943[1], é un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comeza os seus estudos no Colexio de "El Pilar", na súa vila natal. Realizou o bacharelato no Colexio Peleteiro de Santiago e estuda Enxeñería Superior de Telecomunicacións, facendo o posgraduado no ICADE.[2]
Foi director xeral do servizo de Autoestradas e Autovías. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), por Coalición Galega (1985-1993) e polo PSdeG-PSOE (1993-1999). Foi un dos fundadores de Coalición Galega e conselleiro de Industria, Comercio e Turismo entre 1987 e 1990. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.
Predecesor: Luciano Asorey |
Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo 1987 - 1990 |
Sucesor: Juan Fernández García |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Esperanza Canal Yubero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Porteiro, María X.; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro parlamento galego. Col. Montes e fontes nº23. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 258. ISBN 84-7507-044-2.
- ↑ Porteiro, María X.; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro parlamento galego. Col. Montes e fontes, nº 23. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 260. ISBN 84-7507-044-2.
Categorías:
- Deputados do Parlamento de Galicia por UCD
- Deputados do Parlamento de Galicia por CG
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Conselleiros da Xunta de Galicia
- Nados en Ribeira
- Nados en 1943
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia