Santiago da Rabeda, Taboadela
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santiago.
| Santiago da Rabeda | |
|---|---|
Igrexa de Santiago de Rabeda | |
| Concello | Taboadela[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°15′06″N 7°48′04″O / 42.251775, -7.8010416666667 |
| Poboación | 311 hab. (2023) |
| Entidades de poboación | 7[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Rabeda é unha parroquia situada ó sueste do concello de Taboadela. Os núcleos de poboación máis importantes son: Pereiras-Venda do Río, Abeledo, Pazos, Silvoso e Silvosiño. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 311 habitantes (162 homes e 149 mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Pola parte norte da parroquia discorre o río Barbaña; ao sur está o monte Gandarela, xa en Augas Santas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na igrexa parroquial, do século XVIII, hai unha valiosa talla do apóstolo Santiago. No ano 2003 creouse a asociación de veciños A Rabeda, con sede na antiga escola unitaria.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santiago da Rabeda
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Santiago da Rabeda no concello de Taboadela (Ourense) | |
|---|---|
|
Abeledo | Pazos | Pereiras | A Rectoral | Silvosiño | Silvoso | A Venda do Río |