Santiago da Rabeda, Taboadela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Santiago da Rabeda»)
Santiago da Rabeda
Igrexa de Santiago de Rabeda
ConcelloTaboadela[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°15′06″N 7°48′04″O / 42.251775, -7.8010416666667Coordenadas: 42°15′06″N 7°48′04″O / 42.251775, -7.8010416666667
Poboación311 hab. (2023)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Rabeda é unha parroquia situada ó sueste do concello de Taboadela. Os núcleos de poboación máis importantes son: Pereiras-Venda do Río, Abeledo, Pazos, Silvoso e Silvosiño. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 311 habitantes (162 homes e 149 mulleres).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Pola parte norte da parroquia discorre o río Barbaña; pola parte sur temos un monte con bosque autóctono, o monte Jandasela en cuxo cume está a aldea de Santa Mariña de Augas Santas.

No ano 2003 creouse a asociación de veciños A Rabeda, con sede na antiga escola unitaria. O seu presidente é Antonio Blanco, veciño de Pazos.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Conta cunha igrexa do século XVIII na que se atopa unha valiosa talla do apóstolo Santiago.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santiago da Rabeda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santiago da Rabeda no concello de Taboadela (Ourense)

Abeledo | Pazos | Pereiras | A Rectoral | Silvosiño | Silvoso | A Venda do Río

Parroquias de Taboadela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Taboadela

O Mesón de Calvos (Santa María) | Santiago da Rabeda (Santiago) | Soutomaior (Santiago) | Taboadela (San Miguel) | Torán (Santa María) | A Touza (San Xurxo)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]