Santiago Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santiago Pérez
SantiPerez 01.JPG
Nacemento12 de xaneiro de 1972 e 15 de xaneiro de 1972
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónatleta
editar datos en Wikidata ]

Santiago Pérez Alonso, nado o 15 de xaneiro de 1972 en Vigo, é un atleta ourensán especializado nas probas de marcha.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Empezou de moi novo disputando xa probas de marcha e proclamouse campión de España de categorías de idade en varias ocasións. A partir de 1997 comeza a competir a alto nivel internacional, sempre na proba de longa distancia, a marcha de 50 km e queda 6º nos campionatos de Europa de Budapest de 1998. Ao ano seguinte, é finalista nos mundiais de Sevilla.

Logo de atravesar distintas lesións que o manteñen afastado da competición e que o privan de acudir aos Xogos de Sydney, participa por primeira vez nunha final olímpica en Atenas 2004, obtendo o máis brillante resultado dun marchador galego na historia: o oitavo posto e diploma olímpico, cun tempo de 3:49'48".

Nos mundiais de Osaca dominou a proba durante o primeiro terzo, pero retirouse no km. 22 por un problema físico na súa perna dereita.

Outros datos[editar | editar a fonte]

O seu club é o Ourense Academia Postal. O seu adestrador o español José Marín.

Foi internacional coa selección española en 16 ocasións. A súa mellor marca sobre os 50 kms é 3:45'55".

Desde o ano 2009 dirixe a escola galega de marcha, con sede en Pontevedra.