Santiago Catalán
Santiago Catalán | |
---|---|
Nacemento | 1954 |
Madrid | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago Catalán Tobía, nado en Madrid no ano 1954 e radicado en Lugo, é un arquitecto, debuxante e pintor galego[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Obtivo o título de Arquitecto especialista en Urbanismo en 1978 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. En 1980 fixou a súa residencia en Lugo, cidade onde realizou a maioría das súas obras de arquitectura.
Obras[editar | editar a fonte]
Arquitectura[editar | editar a fonte]
- Intervención no contorno e fachadas da Igrexa do Mosteiro de Santa María de Meira.
- Intervención no contorno da Igrexa Románica de Santo Estevo de Ribas de Miño.
- Ordenación dun Espazo público no polígono de Fingoi en Lugo.
- Biblioteca intercentros do Campus de Lugo[2]. (1994-1999). En colaboración co arquitecto Javier Sancosmed Lage.
Publicacións[editar | editar a fonte]
- Arquitecturas debuxadas.Compostela (2018), Xerais, 224 páx. ISBN 978-84-9121-435-9 (Edición en galego e castelán).[3]
Premios[editar | editar a fonte]
- Accésit no IV Premio COAG de Arquitectura (1990) pola obra Intervención no entorno e fachadas da Igrexa de Santa María de Meira[4].
- Accésit no V Premio COAG de Arquitectura (1992) pola obra Ordenación dun espazo púbico no polígono de Fingoi[5].
- Mención no III Premio Julio Galán Carvajal de Arquitectura (1995) pola obra Intervención no entorno da Igrexa Románica de Santo Estevo de Ribas de Miño[6].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Biografía en www.galegos.info
- ↑ COAG Arquivado 28 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 152-157. ISSN: 0211-6065.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ IV Premio COAG de Arquitectura Arquivado 04 de setembro de 2011 en Wayback Machine., www.coag.es.
- ↑ V Premio COAG de Arquitectura Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine., www.coag.es.
- ↑ III Premio Julio Galán Carvajal de Arquitectura Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine., www.coag.es.