Santiago Abella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santiago Abella
Nacemento1845
 Noia
Falecemento4 de agosto de 1913
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarqueólogo e escritor
editar datos en Wikidata ]

Santiago Abella, nado en Noia en 1845 e finado en Buenos Aires o 4 de agosto de 1913, foi un arqueólogo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrado na Arxentina. Era contrario á consideración do galego como lingua, e polemizou con Manuel Murguía e Carré Aldao. Publicou en Correo de Galicia La villa de Noya, unha historia de Noia que recolle informes do arqueólogo noiés Ramón Álvarez de la Braña. Tamén colaborou en Gaceta de Galicia. Deixou inédito o manuscrito Un año en Compostela.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Disertaciones de un estoico, 1910.
  • Notas de un viaje a Palestina, 1910.
  • La villa de Noya. Su historia, su topografía, sus monumentos y sus hombres ilustres, 1911.