Eucaristía
Aparencia
(Redirección desde «Santísimo Sacramento»)
| Eucaristía | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
A eucaristía (do grego ευχαριστω, eucharisto, "acción de grazas") é, segundo a tradición das igrexas católica, ortodoxa, copta, anglicana e algunhas denominacións luteranas, o sacramento do Corpo e do Sangue de Xesucristo baixo as especies de pan e viño, que por medio da consagración convértense no seu corpo e sangue.
Na Igrexa católica, na ortodoxa e na copta, a eucaristía considérase a fonte e culminación da vida de todo cristián. De acordo ao catecismo da Igrexa católica a eucaristía representaría un signo de unidade, vínculo de caridade e banquete pascual no que se recibe a Cristo, a alma énchese de graza e dásenos peza da vida eterna (Cfr. Compendio do Catecismo de Doutrina Católica n. 271).
